InicioCentralBurelaInaugurada unha exposición sobre a loita contra a discriminación racial en Burela

Inaugurada unha exposición sobre a loita contra a discriminación racial en Burela

A mostra poderá visitarse até o 10 de abril na Casa da Cultura en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas 

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela inaugurou onte na Casa da Cultura unha exposición que recolle máis dunha década de traballo da veciñanza arredor do Día Internacional contra a Discriminación Racial. A mostra forma parte da programación municipal vinculada ao 21 de marzo e permanecerá aberta ao público até o 10 de abril. 

A exposición reúne obras realizadas por persoas de distintas idades e procedencias que participaron, ao longo dos anos, nos concursos organizados con motivo desta conmemoración. O percorrido estrutúrase de maneira cronolóxica dende 2014 ata 2025, con excepción do ano 2020, no que non se levou a cabo a actividade debido á pandemia.

Durante o acto inaugural, o primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, destacou o valor das achegas realizadas pola cidadanía. Segundo indicou, a exposición pretende “recoñecer o traballo que moitas persoas de Burela foron desenvolvendo ao longo destes anos, no que cada obra transmite unha mensaxe en favor da convivencia e do respecto”. 

A mostra inclúe creacións en diferentes formatos, así como un vídeo presentado na edición de 2024, accesible a través dun dispositivo instalado na sala. Ademais, as obras máis recentes responden a un formato libre e aberto, adoptado nas últimas edicións co obxectivo de favorecer a expresión individual sen limitacións.

No marco desta programación, o Concello organizará tamén unha xuntanza aberta á veciñanza o vindeiro 27 de marzo ás 12:00 horas no Salón de Plenos, na que se recibirán achegas de todas as persoas que desexen presentar traballos relacionados coa loita contra a discriminación racial.

Dende o Concello subliñan que estas actividades forman parte dunha liña de traballo continuada ao longo do ano en materia de sensibilización e promoción da multiculturalidade no municipio.

 

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...