O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) acolleu este mércores a firma do acordo de financiamento de Seafood Legacy Spain S.L. para desenvolver un proxecto estratéxico de acuicultura sustentable en Burela. A iniciativa, que o Igape apoia con cinco millóns de euros, impulsará a posta en marcha da primeira planta de cría de salmón da comunidade galega.
Segundo detallou a Xunta nunha nota de prensa, esta ocupará unha parcela de preto de 20.000 metros cadrados no porto burelense e estímase que creará ao redor dun centenar de postos de traballo directos e indirectos.
“A firma do acordo supón unha fito clave para a posta en marcha da iniciativa e permitirá avanzar na construción dunha instalación que terá un impacto moi significativo na economía da comarca da Mariña lucense, coa xeración de emprego e a dinamización do tecido produtivo“, subliñou.
A futura instalación empregará tecnoloxía NIVEL, que permite “optimizar o uso da auga, mellorar a bioseguridad e reducir significativamente o impacto ambiental fronte aos modelos tradicionais de acuicultura”.
Con todo, destacou que o acordo de financiamento foi posible grazas á colaboración da Consellería de Economía e Industria da Xunta, a través do Igape e XesGalicia, xunto co Instituto de Crédito Oficial (ICO) e as entidades financeiras Banco S
