InicioCentralBurelaBurela reordena o tráfico da rúa Celso Emilio Ferreiro para mellorar a...

Burela reordena o tráfico da rúa Celso Emilio Ferreiro para mellorar a seguridade viaria

Esta actuación estaba xa contemplada no Plan de Mobilidade municipal, pero responde tamén a unha petición expresa de veciños e veciñas do edificio situado neste punto

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela levará a cabo unha reordenación do tráfico na rúa Celso Emilio Ferreiro co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na contorna dos túneles situados baixo o edificio desta zona.

Esta actuación estaba xa contemplada no Plan de Mobilidade municipal, pero responde tamén a unha petición expresa de veciños e veciñas do edificio situado neste punto, preocupados polo elevado número de vehículos que circulan polos túneles baixo o inmoble.

A principal medida consistirá en modificar o uso dos túneles. O túnel con saída cara a Arcadio Pardiñas pasará a ser exclusivamente peonil, mentres que o túnel de acceso a Celso Emilio Ferreiro quedará destinado unicamente ao acceso ao garaxe situado no propio túnel, eliminando así o paso de vehículos como vía de circulación.

Con esta reorganización, a rúa Celso Emilio Ferreiro pasará a funcionar como unha rúa de prioridade peonil, xa que son moitos os peóns que conviven cos vehículos nesta zona,  mantendo a bolsa de estacionamento existente e reducindo o tráfico de paso e mellorando a seguridade e a convivencia entre peóns e vehículos.

A actuación completarase coa instalación de nova sinalización vertical e o repintado da sinalización horizontal para reforzar a seguridade viaria e clarificar a nova ordenación do tráfico. 

Esta reorganización forma parte dunha actuación máis ampla na zona, na que tamén se habilitaron novas zonas azuis en Arcadio Pardiñas, co obxectivo de favorecer a rotación de vehículos e contribuír á dinamización do comercio local.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...