InicioCentralBurelaO PP de Burela sinala que a alcaldesa trata "de victimizarse" para...

O PP de Burela sinala que a alcaldesa trata “de victimizarse” para “desviar a atención da súa lamentable xestión”

Os concelleiros do PP apuntan que a alcaldesa, durante o pleno do pasado luns 2 de marzo, “tocou diversos temas que nada tiñan que ver cos asuntos recollidos na orde do día cuxo único punto era o orzamento municipal”

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Burela critica a actitude “indecente” da señora López Moreno que, segundo consideran, “ensombreceu o Pleno deste luns que estaba destinado a ser un dos máis importantes do ano; xa que, por fin, se levou o presuposto municipal, a segunda vez que sucede en todo o que vai de mandato”.

Os populares tildaron de “insolencia” para co máximo órgano do Concello, o Pleno da Corporación, o feito de que “nos minutos finais da sesión a alcaldesa decidiu, debido ao seu nerviosismo e impotencia, dar un discurso máis propio dunha campaña electoral anticipada”. Os concelleiros do PP apuntan que “tocou diversos temas que nada tiñan que ver cos asuntos recollidos na orde do día cuxo único punto era o orzamento municipal”.

Así mesmo, inciden en que “todos os temas tratados no seu discurso político tiñan un único obxectivo: escusar a súa pésima xestión dos últimos meses en asuntos como, por exemplo, a falta de dilixencia á hora de presentar a Conta Xeral que puxo contra as cordas ao Concello de Burela á hora de recibir subvencións da Xunta” ou “a perda de postos de traballo derivados do obradoiro de emprego polo mesmo motivo”.

O PP destaca que o “discurso político” da alcaldesa tamén se puido deber “á súa mala conciencia”, segundo os populares que consideran que “renega das instantáneas co seu gran valedor político, o señor Tomé”.

Renega dunha fotografía tratada con Intelixencia Artificial que non pode desviar a atención das múltiples imaxes reais que hai na hemeroteca nas que saen a rexedora burelesa e o señor Tomé”, explica o portavoz.

Dende o Grupo Municipal Popular cre que “a señora López Moreno ten que entender que non todo en política vale. Por exemplo, tratar de burlarse do Pleno da corporación dando un discurso de campaña electoral tocando temas que non forman parte da orde do día para así tratar de victimizarse, unha vez máis, co propósito de desviar a atención da súa lamentable xestión en diversos asuntos nos últimos tempos”.

De feito, as liñas vermellas das que fala a señora López Moreno “as sobrepasa, por exemplo, Lara Méndez, en todos os vídeos que realiza”.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...