InicioCentralBurelaMolto Barroco ofrecerá en Burela teatro, humor e música barroca

Molto Barroco ofrecerá en Burela teatro, humor e música barroca

A montaxe busca achegar a música barroca ao público desde unha perspectiva escénica accesible e afastada do academicismo, empregando a comedia como ferramenta de conexión coa audiencia. 

Publicada o

- Advertisement -

O Auditorio de Burela acollerá este sábado 7 de marzo ás 19.00 horas a representación de Molto Barroco, un espectáculo escénico que combina teatro, comedia e música inspirado no período barroco europeo para todos os públicos. A función forma parte da programación cultural promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

A proposta de Píscore Teatro sitúa a acción nunha corte real europea de mediados do século XVIII, onde o Rei encarga unha composición musical para un baile de pedida de man, dando lugar a unha sucesión de situacións cómicas e musicais protagonizadas polo compositor da corte, os músicos e un bufón de carácter irreverente.

O espectáculo combina interpretación teatral, humor, danza e música, incluíndo composicións orixinais inspiradas na estética barroca xunto con adaptacións de pezas históricas interpretadas con instrumentos como marimba e xilófono. A montaxe busca achegar a música barroca ao público desde unha perspectiva escénica accesible e afastada do academicismo, empregando a comedia como ferramenta de conexión coa audiencia.

As entradas terán un prezo de 3 euros e poderán adquirirse na billeteira da Casa da Cultura unha hora antes do inicio da función.

A programación cultural vinculada a AGADIC continuará nas vindeiras semanas en Burela con novas citas escénicas: o 27 de marzo representarase A penúltima con Carlos Blanco; o 10 de abril chegará Testosterona, interpretada por Luis Iglesia e Camila Bossa; e o 2 de maio presentarase Dedín dedín dedal, espectáculo musical dirixido ao público infantil e familiar. 

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...