InicioCentralBurelaBurela aproba inicialmente máis de 9 millóns de euros para os orzamentos...

Burela aproba inicialmente máis de 9 millóns de euros para os orzamentos municipais de 2026

O documento incorpora unha dotación de 300.000 euros no capítulo de persoal para facer realidade a nova Relación de Postos de Traballo, unha actualización organizativa necesaria tras case dúas décadas sen revisión estrutural

Publicada o

- Advertisement -

O Pleno extraordinario do Concello de Burela aprobou inicialmente os Orzamentos Municipais para o exercicio 2026, que ascenden a 9.037.303,25 euros, consolidando a estabilidade financeira da entidade e mantendo o equilibrio entre ingresos e gastos.

O Concello de Burela non conta con débeda financeira, o que reforza a solvencia e sustentabilidade do orzamento aprobado. 

O documento incorpora unha dotación de 300.000 euros no capítulo de persoal para facer realidade a nova Relación de Postos de Traballo, unha actualización organizativa necesaria tras case dúas décadas sen revisión estrutural. O obxectivo é ordenar a estrutura municipal, adaptar as retribucións á valoración técnica dos postos e mellorar a eficiencia administrativa.  

En canto á distribución do gasto por áreas, o 42,17% destínase a Servizos Públicos Básicos —como limpeza viaria, recollida de residuos, iluminación pública e mantemento de vías— e o 18,76% a Protección e Promoción Social. Ademais, o 15,80% concéntrase en educación, cultura e deportes, o 8,21% en actuacións de carácter económico e o 15,07% en administración e xestión municipal.

No capítulo de investimentos inclúense actuacións na Praza do Concello, Praza de Abastos, Avenida Arcadio Pardiñas, Casa da Xuventude e a achega municipal de 132.890,88 euros á construción da nova EDAR, infraestrutura estratéxica para o futuro ambiental de Burela.

O goberno destacou que se trata dun orzamento “equilibrado, responsable e centrado na prestación de servizos públicos, na protección social e na modernización da organización municipal”, subliñando que “cada euro está ao servizo de Burela”.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...