InicioSucesosUn pai e un fillo aceptan tres anos de cadea e 8.000...

Un pai e un fillo aceptan tres anos de cadea e 8.000 euros de multa por venda de drogas na lonxa de Burela

Os dous alegaron que eran consumidores habituais no momento dos feitos e que actualmente están en proceso de deshabituación

Publicada o

- Advertisement -

Dous veciños de Burela, pai e fillo, aceptaron este martes na Audiencia Provincial de Lugo unha pena de tres anos de cárcere e unha multa de 8.000 euros pola venda de estupefacientes nas inmediacións da lonxa de Burela.

Os dous alegaron que eran consumidores habituais no momento dos feitos e que actualmente están en proceso de deshabituación. Conseguiron coa súa aceptación dos feitos unha redución da petición da condena, xa que o fiscal solicitara nun principio catro anos de prisión e unha multa de 12.342 euros para cada un deles. Ademais, o Tribunal non se opuxo á petición de suspensión de condena debido ao proceso de rehabilitación.

Os feitos tratados na sesión remóntanse a 2023, cando ambos se dedicaban á distribución e venda a terceiros de sustancias estupefacientes como cocaína ou heroína. Adoitaban vender a mesma na lonxa de peixe burelense, utilizando as súas vivendas como lugar de provisión de mercadoría.

Tras un labor de seguimento das actividades dos dous acusados por parte da Garda Civil, e con probas da venda de drogas, os axentes realizaron un rexistro nas vivendas de ambos, nas que se incautaron en heroína, cocaína, psicotrópicos e material para a pesada e dosificación das sustancias, así como de diñeiro en efectivo procedente da venda.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...