InicioCentralBurelaNova sesión de Cinefórum na Casa da Cultura de Burela

Nova sesión de Cinefórum na Casa da Cultura de Burela

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela, en colaboración coa Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil Atoupa, organiza unha nova actividade cultural baixo o título Historias de diversidade, que terá lugar este venres 20 de febreiro, en horario de 19:00 a 21:00 horas, na Casa da Cultura. 

Nesta ocasión proxectarase o filme Seis días corrientes, da directora Neus Ballús, unha película que acompaña a Moha durante unha intensa semana laboral marcada por retos profesionais e humanos, ofrecendo unha mirada próxima ás relacións persoais e á diversidade no ámbito do traballo.

Esta será a segunda sesión do cinefórum organizado polo Concello en colaboración con Atoupa dentro desta proposta cultural, que pretende xerar espazos de reflexión e diálogo social a través do cinema e da participación do público asistente. 

Mario Pillado, primeiro tenente de alcaldesa de Burela, destacou a importancia de “promover iniciativas culturais que favorezan a convivencia, a inclusión e a sensibilización social mediante actividades abertas á veciñanza”.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...