InicioCentralBurelaO Grupo de Participación Adolescente de Burela debate sobre o sector da...

O Grupo de Participación Adolescente de Burela debate sobre o sector da pesca

O primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, destacou a importancia deste tipo de iniciativas para impulsar a participación xuvenil

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo de Participación Adolescente (GPA) celebrou onte unha nova xuntanza marcada pola incorporación de dous novos integrantes e polos avances no proceso de consolidación do propio grupo. A sesión desenvolveuse nun ambiente participativo no que os mozos e mozas continuaron traballando arredor das súas preocupacións e intereses vinculados á realidade local. 

Durante o encontro, os participantes revisaron diferentes inquedanzas relacionadas co sector pesqueiro e coa identidade de Burela como vila mariñeira, transformando esas reflexións nunha serie de preguntas co obxectivo de atopar respostas a través do diálogo coa comunidade e cos profesionais do ámbito marítimo.

O grupo tamén avanzou na creación dunha identidade propia. Ademais de traballar nun nome identificativo, os integrantes comezaron a idear unha posible icona ou marca que represente o GPA. 

O primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, destacou a importancia deste tipo de iniciativas para impulsar a participación xuvenil: “É moi positivo ver como a mocidade se implica en analizar a realidade da vila e en formular preguntas que axudan a construír comunidade. O GPA está a converterse nun espazo real de escoita e aprendizaxe compartida”. Pillado sinalou tamén que “a incorporación de novos membros demostra que o proxecto segue vivo e esperta interese entre a rapazada, algo fundamental para garantir unha participación activa no presente e no futuro”.

Engadiu ademais que “tras o traballo realizado, tamén hai tempo para compartir momentos de lecer, que axudan a fortalecer as relacións entre os participantes e a crear un ambiente de confianza dentro do grupo”. Polo tanto, a xornada concluíu cun espazo lúdico no que os participantes combinaron partidas de ping pong e billar.

 

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...