InicioCentralBurelaBurela oferta cursos gratuítos para mellora de competencias dixitais

Burela oferta cursos gratuítos para mellora de competencias dixitais

Segundo sinala o primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, “con esta oferta formativa pretendemos facilitar á cidadanía ferramentas prácticas para adaptarse á realidade dixital actual e reducir a fenda tecnolóxica”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela, a través das áreas de Servizos Sociais e Inmigración, pon en marcha unha nova edición de cursos gratuítos de formación dixital “Yo conecto” dirixidos á veciñanza. A iniciativa desenvolverase na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional e inclúe catro accións formativas diferentes que se impartirán entre o 23 de febreiro e o 18 de marzo. 

Os cursos terán lugar de luns a xoves, en horario de 17:00 a 20:00 horas e a programación estrutúrase en catro semanas, cada unha dedicada a unha temática concreta relacionada co uso das tecnoloxías. 

A primeira formación, Iniciación ao mundo dixital, impartirase do 23 ao 26 de febreiro. Do 2 ao 5 de marzo desenvolverase o curso A túa banca dixital. Compras seguras en liña. A terceira proposta, Ocio dixital: apps para disfrutar, terá lugar do 9 ao 12 de marzo. Finalmente, do 16 ao 19 de marzo, ofrecerase o curso Crea contido coa Intelixencia Artificial. 

Segundo sinala o primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, “con esta oferta formativa pretendemos facilitar á cidadanía ferramentas prácticas para adaptarse á realidade dixital actual e reducir a fenda tecnolóxica”. Pillado destaca tamén que “trátase de cursos presenciais, gratuítos e adaptados a todos os niveis, co obxectivo de que ningunha persoa quede atrás no acceso ás novas tecnoloxías”. 

As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse a través do Concello de Burela, chamando ao teléfono 982 586 000 ou escribindo ao correo electrónico burela@burela.org 

ÚLTIMAS

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Burela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello e non dificultar o traballo dos axentes

A vaga de roubos notificada nos últimos días en diversos puntos da comarca da...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...