InicioCentralBurelaO Grupo de Participación Adolescente de Burela avanza nun novo proxecto interxeracional

O Grupo de Participación Adolescente de Burela avanza nun novo proxecto interxeracional

O GPA celebrou unha nova reunión na que iniciou a planificación de actividades mentres continúa a ampliación de recursos na aula de xogo da Casa da Xuventude 

Publicada o

- Advertisement -

Onte tivo lugar unha nova reunión do Grupo de Participación Adolescente (GPA), na que os seus membros comezaron a traballar na preparación das actividades dun novo proxecto de carácter interxeracional. 

A sesión combinou o traballo participativo cun espazo de lecer, e, neste sentido, a aula de xogo da Casa da Xuventude incorpora dende comezos de ano unha nova alternativa: unha mesa de billar, que está dispoñible para toda a mocidade de forma gratuíta. 

O acceso á aula de xogo é libre dentro do horario da Casa da Xuventude: de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e de tarde, de luns a xoves, de 17:00 a 20:00 horas.  

O primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, sinalou que “este tipo de iniciativas reforzan a participación da mocidade nos espazos municipais e permiten combinar o traballo colectivo con actividades de carácter lúdico”. Pillado destacou tamén que “a incorporación de novos recursos á Casa da Xuventude responde á vontade de ofrecer alternativas accesibles e atractivas para a xente nova”. 

ÚLTIMAS

Denuncias de malas condicións nas instalacións contraincendios de Celeiro

  A xestión da campaña contra incendios forestais sitúase cada ano no centro do debate...

Peche de camas en Burela: críticas desde a CIG mentres a Xerencia sinala que terá aberto o 100% das camas

O Hospital Público da Mariña, situado en Burela, enfrontará o período estival coa polémica...

Falece unha peregrina alemá logo de caer por un desnivel en Mondoñedo

Unha peregrina alemá, que circulaba en bicicleta, faleceu este sábado tras caer por un...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar...