InicioCentralBurelaBurela colabora coa Asociación Arraianas para o desenvolvemento do Programa Nnabata

Burela colabora coa Asociación Arraianas para o desenvolvemento do Programa Nnabata

O servizo ofrecerá unha atención especializada que inclúe acompañamento psicosocial e asesoramento xurídico, co obxectivo de dar resposta ás necesidades específicas deste colectivo e contribuír á súa integración social e comunitaria. 

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela colabora coa Asociación Arraianas no desenvolvemento do Programa Nnabata, un novo servizo de atención integral dirixido a persoas migrantes, financiado pola Fundación ”La Caixa”. 

O servizo ofrecerá unha atención especializada que inclúe acompañamento psicosocial e asesoramento xurídico, co obxectivo de dar resposta ás necesidades específicas deste colectivo e contribuír á súa integración social e comunitaria. 

A iniciativa desenvolveranse os xoves na Casa do Concello de Burela e estará en funcionamento ata o 30 de xuño de 2026. Segundo explica o primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, o proxecto “reforza o compromiso municipal coa igualdade, a inclusión e o apoio ás persoas en situación de maior vulnerabilidade”. 

Pillado tamén destacou que “se trata dunha iniciativa que levamos da man entre as áreas de Servizos Sociais e Inmigración, nas que o persoal do Concello de Burela fai unha extraordinaria labor acotío, e nesta ocasión en colaboración coa Asociación Arraianas, coa que xa sacamos adiante actividades exitosas”. 

Dende o Concello subliñan que este proxecto “é un exemplo de colaboración entre a administración local e as entidades sociais, que suman esforzos para avanzar cara a unha Burela máis xusta, inclusiva e acolledora”. 

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...