InicioCentralBurelaA alcaldesa e o tenente de alcaldesa de Burela acompañan o equipo...

A alcaldesa e o tenente de alcaldesa de Burela acompañan o equipo feminino do Burela FS en Tenerife

Desde o Concello de Burela reafírmase o apoio ao deporte local e, en particular, ao Burela FS feminino, “un emblema da vila e un orgullo que nos representa dentro e fóra da pista”.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Burela, Carmela López, desprazouse a Tenerife para acompañar ao equipo feminino do Burela FS nunha nova xornada competitiva, nun momento no que a tempada esixe máis esforzo e unidade ca nunca.

A rexedora quixo amosar persoalmente o apoio institucional e humano ao club e ás xogadoras, destacando o compromiso do Concello co deporte e co proxecto que representa o Burela FS: “Sempre estiven nos bos momentos, cando gañabamos todo; e agora que os tempos son máis difíciles, con máis motivo. Hai que estar cando máis se necesita”, sinalou.

Nesta viaxe está tamén Mario Pillado, primeiro tenente de alcaldesa e adestrador do club, quen acompaña ao equipo e reforza a mensaxe de respaldo institucional e deportivo. A presenza de ambos representantes municipais pon o foco no valor do Burela FS feminino como referente para a vila, para A Mariña e para o deporte galego.

A alcaldesa subliñou ademais “o exemplo de traballo, constancia e superación” que representa o equipo, e trasladou ánimo a xogadoras, corpo técnico e directiva, así como un agradecemento á afección polo apoio constante.

Desde o Concello de Burela reafírmase o apoio ao deporte local e, en particular, ao Burela FS feminino, “un emblema da vila e un orgullo que nos representa dentro e fóra da pista”.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...