InicioOccidentalXoveBurela presenta a programación do Entroido cun desfile o 15 de febreiro

Burela presenta a programación do Entroido cun desfile o 15 de febreiro

No apartado de premios, establécense categorías infantís para participación individual, en parella e en grupo, así como categorías de adultos nas mesmas modalidades. Ademais, inclúense premios especiais para carrozas e para charangas e comparsas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anuncia a celebración do Entroido 2026, que se desenvolverá do 13 ao 18 de febreiro, cunha programación na que destaca o desfile de Entroido, previsto para o domingo 15 de febreiro a partir das 17:00 horas, con saída desde a Rúa do Ril e chegada á Praza da Mariña. 

O desfile contará con 4.000 euros en premios e vales de ACIA Burela, repartidos en oito categorías, e incluirá tamén música DJ e chocolatada na Praza da Mariña unha vez remate o percorrido. 

No apartado de premios, establécense categorías infantís para participación individual, en parella e en grupo, así como categorías de adultos nas mesmas modalidades. Ademais, inclúense premios especiais para carrozas e para charangas e comparsas. 

A concelleira de Festas e Festexos, Patricia Eijo, animou á participación e á celebración nas rúas, convidando “á veciñanza e a todas as persoas que se acheguen a Burela a vivir o Entroido con nós: disfrazarse, encher as rúas e gozar dunha programación pensada para divertirse, bailar e compartir. O Entroido de Burela é festa, participación e moi bo ambiente.” 

O Entroido de Burela completarase con actividades como obradoiros infantís, pintacaras, xogos, música, bailes e o enterro da sardiña, dentro das datas previstas entre o 13 e o 18 de febreiro.  

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...