InicioCentralBurelaBurela paricipa en Fitur dentro da promoción turística da Mariña

Burela paricipa en Fitur dentro da promoción turística da Mariña

A alcaldesa, Carmela López, e o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, representan ao municipio no marco da promoción turística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela atópase en Madrid para participar na Feira Internacional de Turismo (FITUR), representado pola alcaldesa, Carmela López, e polo concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, no marco da acción conxunta da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. Ao evento tamén asistirá a técnica de turismo municipal, que desenvolverá tarefas de carácter técnico relacionadas coa promoción turística do concello.  

Durante a mañá do martes, os representantes municipais realizaron unha primeira visita ao recinto feiral e comezaron a establecer os primeiros contactos. A alcaldesa, Carmela López, sinalou que “este evento permítenos coñecer a realidade do sector turístico e as oportunidades que existen para concellos como Burela”. 

Hoxe, xoves 22 de xaneiro, o Concello de Burela estará presente na presentación oficial da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense no stand de Galicia en FITUR. “Trátase dunha acción importante para amosar o traballo conxunto que se está a facer dende a Mariña na promoción turística do territorio”, explicou a alcaldesa. 

Pola súa banda, Ramiro Fernández destacou que “xunto co labor institucional, tamén é importante desenvolver un traballo técnico que permita establecer contactos con empresas do sector, visitar a feira e manter relacións con operadores turísticos, co obxectivo de atender as necesidades turísticas de Burela”.  

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...