InicioCentralBurelaBurela prepara o seu himno nun obradoiro musical impartido por Nuno Pico...

Burela prepara o seu himno nun obradoiro musical impartido por Nuno Pico de Grande Amore

Publicada o

- Advertisement -

A rapazada do obradoiro de producción musical de Burela, impartido polo artista burelao Nuno Pico, está a preparar un novo himno para a vila. 

O membro da coñecida banda galega Grande Amore está xa a traballar xunto coas rapazas e rapaces participantes no obradoiro na creación da nova canción, que ocupou a última sesión da actividade o pasado día 30 de decembro. 

Esta iniciativa está impulsada pola Concellería de Xuventude do Concello de Burela, e desenvólvese periodicamente na Casa da Xuventude do municipio. 

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Xuventude e Educación, Mario Pillado, quixo agradecer a Nuno “a súa disposición para impartir este obradoiro, que permite que xente nova de Burela aprenda produción musical da man dun artista que percorre todos os festivais de Galicia e mesmo fóra das nosas fronteiras”. 

“Estamos convencidos de que a nova canción que teñen entre mans será un excelente himno para Burela e dará unha marabillosa experiencia á rapazada participante na actividade”, engade o edil. 

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...