InicioCentralBurelaO PSdeG-Burela celebra que a UAD pase a integrarse no SERGAS

O PSdeG-Burela celebra que a UAD pase a integrarse no SERGAS

“Os servizos socio-sanitarios deben estar onde corresponde: na Xunta e ben financiados”, din os socialistas bureleses

Publicada o

- Advertisement -


O PSdeG–Burela valora moi positivamente que este xoves se dea o paso definitivo para aprobar no Pleno municipal o traspaso da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), unha integración que será efectiva o 1 de xaneiro de 2026.

A secretaria xeral do PSdeG de Burela e alcaldesa, Carmela López, lembra que esta reivindicación colleu forza no mandato anterior, cando exercía como concelleira de Servizos Sociais: “No seu momento iniciamos esta loita de maneira contundente porque era evidente que a UAD debía estar integrada no Sergas. Hoxe, como alcaldesa, teño a satisfacción de ver este proceso chegar á súa fase final tras anos de insistencia e negociacións de todos os concellos galegos no seo da Fegamp.”

“Os servizos socio-sanitarios deben estar ben financiados, ben planificados e na administración competente”

O PSdeG–Burela subliña que non tiña lóxica que un servizo sanitario especializado recaese durante décadas sobre os concellos, asumindo responsabilidades impropias e soportando dificultades organizativas e económicas.

“Os servizos públicos socio-sanitarios deben estar ben financiados, ben planificados e integrados na administración competente, que é a Xunta de Galicia. Este traspaso é xusto, necesario e garante estabilidade futura para a unidade.”

O seguinte paso: Atención Temperá

O PSdeG–Burela avanza que este traspaso non pode ser o último chanzo:
“Agora que a Xunta asume as UAD, toca tamén avanzar con decisión no traspaso da Atención Temperá. É outro servizo esencial, tamén de carácter socio-sanitario, que non pode continuar dependendo de concellos. Galicia necesita un modelo público, único e integrado no sistema público de saúde.”

Compromiso socialista

O PSdeG–Burela conclúe que este avance confirma unha idea central do socialismo municipal: “Servizos públicos fortes, universais e ben financiados. Este é o camiño. A integración da UAD é un paso histórico, e seguiremos traballando por un sistema público que garanta igualdade e dereitos a toda a cidadanía.”

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...