InicioCentralBurelaTerceiro "Día do Orgullo Mariñeiro" o 11 de decembro en Burela

Terceiro “Día do Orgullo Mariñeiro” o 11 de decembro en Burela

Esta acción está organizada pola Fundación Expomar coa colaboración do Concello de Burela e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, no marco das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y Acuicultura (FEMPA)

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Expomar organiza a terceira edición do chamado “Día do Orgullo Mariñeiro”, que terá lugar en Burela e en toda a Mariña Lucense o vindeiro xoves 11 de decembro.

A Fundación Expomar volve poñer en valor a importancia da cultura mariñeira de Galicia coa celebración do terceiro “Día do Orgullo Mariñeiro”, que volverá combinar o próximo xoves 11 de decembro a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar para chegar a tódolos públicos.

Esta acción está organizada pola Fundación Expomar coa colaboración do Concello de Burela e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, no marco das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y Acuicultura (FEMPA).

“O Día do Orgullo Mariñeiro é unha festa que nace da Fundación Expomar hai só 2 anos, pero está perfectamente arraigada no pobo de Burela e de toda A Mariña Lucense, porque representa o sentir da xente cara unha forma de vivir mirando ao mar e a pesca”, asegura a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.

Orgullo Mariñeiro nas Escolas”

Como xa é habitual, o día comezará de novo nos comedores de diferentes centros de ensino e servizos sociais da Mariña Lucense, onde se servirán máis de 1000 racións de pota da lonxa de Burela nos seus menús diarios.

Muller e Mar”

A segunda parte da xornada celebrarase pola tarde no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa charla-coloquio titulada “A muller e o mar”, coa participación de distintas mulleres vinculadas aos oficios do mar: armadoras, estibadoras, redeiras e Administración.

Este acto público completarase coas intervencións da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, e da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, que clausurará a xornada cultural.

Orgullo Mariñeiro Musical”

A parte musical do acto na Casa da Cultura de Burela contará coas actuacións especiais ‘Cantiños da Osa do Mar’ a cargo do Grupo infantil da SCR Ledicia, Arumiños ACM Arume e Blood Skeleton.

Orgullo Mariñeiro na Praza”

E, como é habitual, o broche final deste día do Orgullo Mariñeiro celebrarase na carpa da Praza da Mariña de Burela, onde, a partir das 8 da tarde, comezará a celebración gastronómica popular, con ambientación musical e unha degustación gratuíta de receitas elaboradas con diferentes especies da lonxa de Burela.

Para evitar as aglomeracións de anos anteriores, este ano limitarase o aforo no interior da carpa. O acceso seguirá sendo gratuíto, pero para poder entrar haberá que dispor de tícket de entrada, que se repartirán de balde durante o acto na Casa de Cultura.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...