O Concello de Burela anuncia que xa chegou ao municipio o histórico castiñeiro de Cinoche, derrubado pola Borrasca Karlotta e posteriormente queimado.
O castiñeiro foi reconvertido nun banco-escultura por Carlos García, ocupando o lugar onde se erguía o castiñeiro centenario ata que foi queimado de xeito intencionado no ano 2024.
O novo proxecto, desenvolvido polo mesmo escultor, cumpre o obxectivo da encarga inicial, a de converter a árbore nun espazo para sentarse.
O castiñeiro chega acompañado dunha sorpresa: unha figura de cinco metros de altura chamada ‘Madre Natureza’, creada tamén por Carlos García, que decidiu engadila como complemento artístico ao proxecto inicial.
A peza orixinal, danada polo incendio, requiriu unha intervención complexa e minuciosa, que agora permite recuperar e reinterpretar este símbolo da memoria e da paisaxe de Burela.
