InicioCentralBurelaAnuncian a programación da Casa da Cultura de Burela

Anuncian a programación da Casa da Cultura de Burela

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, sinala que "a programación cultural deste mes de decembro recolle a esencia do que queremos para Burela: variedade, calidade e propostas pensadas para todas as idades"

Publicada o

- Advertisement -

 O Concello de Burela anuncia a programación da Casa da Cultura ata final de ano, que comezará mañá, sábado 29 de novembro, ás 20:00 co musical tributo a Queen e Michael Jackson ‘Leyendas’. 

Ademais deste musical de Diverfest eventos, apto para todos os públicos, haberá representacións teatrais, concertos, espectáculos humorísticos e moito máis ata o día 30 de decembro. 

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, sinala que “a programación cultural deste mes de decembro recolle a esencia do que queremos para Burela: variedade, calidade e propostas pensadas para todas as idades”. 

“Rematamos o ano cun calendario que combina teatro, música, danza e actividades para o público infantil, ofrecendo opcións para desfrutar en familia e tamén para o público adulto”, engade. 

Gómez subliña que “dende o musical tributo ‘Leyendas’ ata o tango en directo, o humor de ‘A Presa’, o teatro escolar, as propostas para a cativada e incluso ‘Romeo e Xulieta’ en versión de Prokófiev, buscamos que a nosa Casa da Cultura siga sendo un espazo vivo, diverso e acolledor”. 

“Animamos a toda a veciñanza a achegarse, participar e facer súa a cultura, porque cada actividade é unha oportunidade máis para construír comunidade”, conclúe a concelleira de Cultura. 

Tanto ‘Leyendas’ como o concerto de tango ‘Desde el jardín del alma’ o 13 de decembro e mais ‘Romeo y Julieta de Prokófiev’ o 26 de decembro contan con venda anticipada de entradas en liña. Tamén estarán dispoñibles no despacho de entradas no propio día antes do evento. 

O concerto de Peitoescuro o 6 de decembro, a representación de ‘Berenguela na gaiola’ o 4 e as demais representacións teatrais profesionais e afeccionadas están impulsadas pola Vicepresidencia da Deputación da Coruña. 

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...