A Asociación Esperanza de loita contra o cancro, en colaboración coa Fundación AlCOA, organiza un acto de sensibilización e concienciación na loita contra o cancro, que se dessenvolverá o vindeiro sábado, 15 de novembro, na Casa da Cultura de Burela a partires das oito da tarde.
O título do acto, Ritmo pola Esperanza, xa define o contido do mesmo. Por un lado, haberá unha parte lúdica e musical, na que participarán a Escola de Ximnasia Porta Norte e os grupos de música locais Blood Skeletor e Desta Vai. Tamén se sorteará un cadro donado por Jesús San Jose.
E por outro lado, haberá unha parte científica e de explicación dos procesos de investigación que se están levando a cabo en materia oncológica e afondando na sensibilización da ciudadanía, que correrá a cargo do Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago e invetigador principal no Laboratorio de Oncoloxía Médica Traslacional (ONCOMET), do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) da capital galega, Jorge Barbazán García.
O doutor Barbazán é un recoñecido investigador e conta con prestixio dentro da profesión médica e no campo da investigación, e ten traballado en proxectos de investigación en materia de cancros colorectais, entre outros.
Esperanza agarda que este acto sexa atractivo para a veciñanza; acto no que se busca unha vez máis a implicación da mesma na loita contra o cancro tanto na prevención como no resto do proceso da enfermidade, e a sensibilización necesaria para que a investigación nesta materia ten que seguir avanzando, e para iso é precisa a colaboración de todos.
A asociación Esperanza ten como obxectivo, aparte da sensibilización e concienciación, a recaudación de fondos para logo seren donados a distintos proxectos de investigación científica nesta materia.
Finalmente, Esperanza quere mostrar o seu fondo agradecemento a Fundación ALCOA por apoiar iniciativas coma esta dentro da súa Campaña de Impacto Comunitario e aos seus voluntarios. Tamén agradecede a colaboración do Instituto de Investigación Sanitaria, IDIS, e especialmente ao doutor Barbazán.
Non se esquece Esperanza do Hospital Público da Mariña, de Porta Norte e dos grupos musicais Blood Skeletor e Desta vai, así como do Concello de Burela.
A asociación manifesta que por moitas iniciativas que poida ter ESPERANZA, sen a colaboración e participación desinteresada de todo o mundo que nos apoia, incluida a veciñanza, nada sería posible.
