InicioCentralBurelaBurela xa vai preparando o mercado e o rastro de Nadal 2025

Burela xa vai preparando o mercado e o rastro de Nadal 2025

A cita celebrarase os días 29 e 30 de novembro na carpa da Praza da Mariña, cun horario de 10:30 a 20:30 horas 

Publicada o

- Advertisement -

 O Concello de Burela, a través da súa área de Cultura, organiza unha nova edición do Mercado e Rastro de Nadal, que converterá a Praza da Mariña nun punto de encontro para veciños, visitantes e expositores durante a fin de semana do 29 e 30 de novembro.  

O evento, de acceso libre e participación gratuíta, busca apoiar o comercio de proximidade, a creación artesanal e a reutilización responsable, nun ambiente cheo de espírito navideño. 

Para facilitar a organización, o mercado dividirase en dúas zonas diferenciadas. A Zona A, dedicada ao Mercado artesanal e creativo, acollerá expositores que ofrezan produtos elaborados por eles mesmos ou de carácter artístico. A Zona B, destinada ao Rastro de segunda man, reunirá postos con libros, roupa, complementos ou xogos usados en bo estado, apostando pola reutilización e o consumo consciente. 

A participación está aberta a artesáns e creadoras/es, asociacións culturais ou veciñais, autónomos e persoas maiores de idade que desexen expoñer produtos de elaboración propia ou artigos de segunda man. O Concello asignará os espazos segundo a dispoñibilidade da carpa e as características dos postos, lembrando que as prazas son limitadas e se cubrirán por orde de inscrición.  

Desde a área de cultura destácase que a iniciativa quere “dar visibilidade ao talento local e apoiar a economía de proximidade” explicou Lina Gómez, concelleira de culrura; ao tempo que ofrece unha proposta atractiva para veciños e visitantes. A participación é gratuíta e cada expositor poderá solicitar ata dúas mesas, especificando as súas necesidades no formulario de inscrición. 

As persoas interesadas poden descargar as bases completas e o formulario oficial de inscrición na web municipal burela.org e enviar a súa solicitude ao correo cultura@burela.org antes do 16 de novembro. 

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...