InicioCentralBurelaSubdelegada do Goberno e a alcaldesa de Burela supervisan as obras na...

Subdelegada do Goberno e a alcaldesa de Burela supervisan as obras na Marosa

Durante a visita comprobouse a evolución dos traballos de rehabilitación e mellora da contorna, que inclúen novos miradoiros e zonas de descanso para a cidadanía 

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Burela, Carmela López, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, acompañaron onte á subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, e ao persoal do Servizo Provincial de Costas, nunha visita ás obras que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) está a executar no paseo da Marosa.  

A actuación, enmarcada no plan de conservación e mellora do litoral burelés, céntrase na rehabilitación e reforzo da estrutura costeira, así como na mellora da contorna. O proxecto inclúe a creación de zonas de descanso e miradoiros, co obxectivo de ofrecer un espazo máis accesible, seguro e respectuoso co medio natural. Durante a visita, o persoal técnico de Costas explicou o desenvolvemento das diferentes fases da obra e as actuacións previstas nas próximas semanas. 

A alcaldesa, Carmela López, destacou que “estas obras representan un paso adiante na posta en valor do noso litoral e na creación de espazos pensados para o desfrute da veciñanza e das persoas que nos visitan”, e subliñou “a boa coordinación entre o Concello e Costas do Estado neste proxecto e noutros que se están a desenvolver en diferentes puntos do municipio”. 

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...