Iniciosociedade'Xeración Peixe', a Fundación Expomar quere fomentar a boa alimentación cos produtos...

‘Xeración Peixe’, a Fundación Expomar quere fomentar a boa alimentación cos produtos do mar

A Fundación Expomar presentou esta mañá no Hotel Nordés de Burela o proxecto “Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable. Congreso da infancia e da adolescencia”

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Expomar presenta o proxecto “Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable”, que inclúe diferentes actividades interxeracionais e intersectoriais e que culminará en 2026 coa celebración dun “Congreso da infancia e da adolescencia”.

A Fundación Expomar presentou esta mañá no Hotel Nordés de Burela o proxecto “Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable. Congreso da infancia e da adolescencia”, que está financiado no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e do GALP A Mariña-Ortegal.

A este acto, no que interveu a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, o concelleiro de Mar de Burela, Ramiro Fernández, e o xerente da Fundación Expomar, José M. González ‘Brais’; asisitiron representantes das entidades que forman o Padroado da Fundación Expomar, do Concello de Burela, do Galp A Mariña-Ortegal e dos diferentes centros de ensino e prestadores de servizos sociais que están involucrados no proxecto.

A presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, puxo en valor este tipo de iniciativas que promove Expomar cara ao desenvolvemento social das vilas e pobos da Mariña, abrindo o sector pesqueiro a outros ámbitos, como o patrimonio cultural e gastronómico, e a diferentes públicos, como neste caso a mocidade.

Pola súa banda, o concelleiro de Mar de Burela, Ramiro Fernández, fixo un repaso das principais actividades que se desenvolverán ao longo dos próximos meses dentro deste proxecto: investigación sobre hábitos de consumo de peixe, certame literario sobre o mundo do mar, elaboración dun receitario de sabores mariñeiros tradicionais, limpeza de praias e exposición de crebas mariñas e proposta gastronómica dun “petisco de peixe”, que se está a elaborar na Escola de Hostalería de Foz.

“Xeración Peixe” abrangue así unha serie de diversas actividades que afectan a diferentes sectores de actividade e a públicos de distintas xeracións: centros de ensino e centros de inclusión. Todos os traballos realizados durante este proxecto, que comezaron xa no mes de outubro nos centros de ensino de Burela, culminarán nun Congreso da infancia e a adolescencia, que se celebrará no primeiro semestre de 2026 e no que se porá en valor o potencial da pesca o dos seus produtos na contorna da Mariña, non só polo que implica a nivel de alimentación, senón polo que supón no ámbito do desenvolvemento social e económico.

Finalmente, o xerente da Fundación Expomar, José M. González ‘Brais’, destacou algúns dos obxectivos que se perseguen con este proxecto, como poñer en valor os recursos pesqueiros da contorna e promover o consumo consciente e local. De feito, a través da celebración do “Día do Peixe”, que se celebrará nos primeiros meses de 2026, incrementarase o consumo de peixe nos centros de ensino públicos, en centros de inclusión e de maiores, proporcionando a Fundación Expomar produto pesqueiro aos servizos de cociña dos centros para que faigan diferentes elaboracións para servir ás persoas usuarias; unha acción que terá un impacto en máis de 1.000 persoas da contorna.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...