InicioCentralBurelaBurela non realizará recollida de lixo o 4 de novembro, festivo de...

Burela non realizará recollida de lixo o 4 de novembro, festivo de San Martín de Porres

Publicada o

- Advertisement -

O festivo local de San Martín de Porres, inicialmente previsto para o luns 3 de novembro, foi trasladado ao martes 4 de novembro. Como consecuencia, ese día non se realizará a recollida de lixo no municipio, segundo informou o Concello de Burela. 

O concelleiro de Obras e Benestar Comunitario, Ramiro Fernández Rey, aproveitou para lembrar “a todas as veciñas e veciños que teñan en conta este cambio á hora de xestionar os seus residuos para evitar acumulacións e molestias. A colaboración de todos é fundamental para que os servizos funcionen correctamente”.  O Concello lembra que a recollida retomará o seu horario habitual a partir do mércores 5 de novembro. 

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...