InicioCentralBurelaBurela inaugura o molde do faro como obra vinculado á identidade da...

Burela inaugura o molde do faro como obra vinculado á identidade da vila

A estrutura metálica que permitiu reconstruír o faro tras o temporal de 2014 convértese nun elemento patrimonial e artístico da man de David Catá

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela celebrou hoxe a inauguración do molde do faro, unha intervención artística e patrimonial instalada no paseo da Marosa que forma parte do proxecto “O Espello do Faro”, incluído en Burela Alumea e financiado polo FEMPA a través do GALP A Mariña – Ortegal. 

Trátase da estrutura metálica empregada na reconstrución do Faro de Burela tras o temporal de 2014, recuperada para converterse nun elemento artístico e simbólico. A intervención conta coa creación do artista David Catá, baixo o título “La piel del mar”, que transforma o conxunto nun espazo que conecta memoria mariñeira, participación social e arte contemporánea.

O acto de inauguración contou coa participación da alcaldesa de Burela, Carmela López, e representantes do GALP A Mariña Ortegal e da Consellería do Mar. A alcaldesa subliñou que o faro representa “un símbolo para toda a vila”. Lembrou que a caída do faro en 2014 “non só levou unha estrutura, tamén tocou unha identidade colectiva” e que recuperar o molde “é afirmar que seguimos aquí, que Burela non se quebra nin co vento nin coas mareas”.

Carmela López destacou o papel do artista David Catá, poñendo en valor a súa capacidade para “escoitar a emoción que hai nas cousas e facer unha obra que conecta coa memoria, co sentimento e co orgullo de mirar ao mar sen medo”. A rexedora indicou que ver o molde convertido en arte “é recuperar unha parte da alma de Burela e devolvela máis luminosa”, concluíndo que o proxecto “é identidade e pertenza”.

A inauguración incluíu un percorrido polo proxecto e unha performance artística de David Catá, seguida dunha degustación de produto pesqueiro local.

Coa posta en uso deste novo espazo, o Concello de Burela reafirma o seu compromiso coa memoria mariñeira e coa creación cultural ligada ao territorio, habilitando un novo punto de encontro para a cidadanía e as persoas que visitan a vila.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...