InicioCentralBurelaBurela desenvolve formacións para primeiros auxilios e uso do desfibrilador

Burela desenvolve formacións para primeiros auxilios e uso do desfibrilador

As accións formativas diríxense a asociacións locais e persoal municipal, co obxectivo de mellorar a resposta ante emerxencias

Publicada o

- Advertisement -

 O Concello de Burela está a desenvolver varias accións formativas en primeiros auxilios e manexo do desfibrilador (DEA) destinadas a asociacións locais e ao persoal municipal. Estas actividades enmárcanse dentro da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, co obxectivo de mellorar a capacidade de resposta ante emerxencias e fomentar unha vila máis segura e saudable.

Nesta edición participan diversos colectivos municipais e asociacións deportivas que fan uso habitual das instalacións municipais. A iniciativa terá continuidade no tempo, co propósito de que a poboación estea o máis formada posible ante situacións de emerxencia.

O Concello agradeceu especialmente a colaboración de Camilo, enfermeiro e Técnico en Emerxencias Sanitarias do 061, “polas súas ensinanzas e apoio, que permiten que un número crecente de persoas en Burela estean preparadas para actuar ante unha emerxencia”, segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández.

A concelleira sinalou que “Burela é, a día de hoxe, o concello mellor cardioprotexido da Mariña”. Ademais, destacou que “seguimos apostando pola formación e a prevención como ferramentas fundamentais para coidar da saúde da nosa veciñanza”.

Sandra Fernández subliñou que “desde o Concello de Burela continuamos traballando pola saúde e o benestar da nosa veciñanza, apostando pola formación continua e pola prevención como os mellores instrumentos para salvar vidas”.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...