InicioCentralBurelaBurela promove a participación xuvenil e o bo trato á infancia

Burela promove a participación xuvenil e o bo trato á infancia

A través dunha nova visita ao IES Monte Castelo, o Concello de Burela reforza o seu compromiso coa mocidade e coa promoción dos dereitos da infancia, achegando información e ferramentas para fomentar a participación activa dos rapaces e rapazas na vida do municipio

Publicada o

- Advertisement -

 O Concello de Burela visitou hoxe o IES Monte Castelo para ofrecer información ao alumnado sobre a Casa da Xuventude, o Grupo de Participación e o Bo Trato á Infancia.

A actividade desenvolveuse en dúas sesións: co alumnado de 1º da ESO tratouse principalmente o tema do Bo Trato á Infancia, mentres que con 2º da ESO abordáronse cuestións relacionadas co Grupo de Participación e a Casa da Xuventude.

Na primeira sesión participaron Noelia Legazpi, educadora familiar do Concello, e Conchi Pernas, técnica de Inmigración. Na segunda, estivo presente Jaime Méndez, técnico de Mocidade. Xunto a eles acudiu o concelleiro de Educación, Mocidade e Inmigración, Mario Pillado.

Pillado destacou “o interese e entusiasmo que mostraron os rapaces e rapazas sobre os seus dereitos e a posibilidade de acudir á Casa da Xuventude e formar parte do Grupo de Participación”. Engadiu ademais que aproveitaron o encontro “para felicitalos de novo porque Burela fose recoñecida Cidade Amiga da Infancia, un recoñecemento que se debe, sobre todo, á nosa infancia e mocidade e que debemos levar con orgullo”.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...