InicioCentralBurelaBurela celebra este venres o cinefórum "Olladas do Sur"

Burela celebra este venres o cinefórum “Olladas do Sur”

“Olladas do Sur” ten como obxectivo dar a coñecer a realidade de Cabo Verde, Mozambique e Guinea-Bissau e a súa relación con Galicia, así como visibilizar a diversidade sociocultural

Publicada o

- Advertisement -

Este venres 24 de outubro ás 19:00 horas, o Salón de Plenos da Casa do Concello de Burela acollerá o cinefórum “Olladas do Sur. Cinema en curto desde a África lusófona”, unha actividade promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en colaboración co Concello de Burela.

O evento consistirá na proxección de tres curtametraxes procedentes de Cabo Verde, Mozambique e Guinea-Bissau, que abordan distintas temáticas vinculadas coa realidade destes países. Tras as proxeccións haberá un coloquio co público asistente, no que se reflexionará sobre os contidos e mensaxes das pezas audiovisuais.

“Olladas do Sur” ten como obxectivo dar a coñecer a realidade de Cabo Verde, Mozambique e Guinea-Bissau e a súa relación con Galicia, así como visibilizar a diversidade sociocultural e ofrecer narrativas alternativas aos estereotipos sobre o continente africano. A iniciativa tamén pretende poñer en valor a cooperación ao desenvolvemento e os proxectos que o Fondo Galego impulsa na África lusófona.

A actividade, cun formato lúdico, participativo e transformador, está dirixida ao público xeral e terá unha duración aproximada de 90 minutos.

O tenente da alcaldesa, Mario Pillado, sinalou que “este tipo de accións permiten achegar á cidadanía realidades que adoitan ser descoñecidas, fomentar o diálogo intercultural e xerar empatía”, e destacou “a importancia de iniciativas que empregan a arte como ferramenta educativa e de sensibilización”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...