InicioCentralBurelaBurela tinguiuse de rosa co lazo humano no Día Mundial contra o...

Burela tinguiuse de rosa co lazo humano no Día Mundial contra o Cancro de Mama

Publicada o

- Advertisement -

A Praza do Concello de Burela acolleu a decenas de persoas este luns nunha iniciativa para visibilizar a problemática do cancro de mama na sociedade. O lazo humano solidario tinguiu de cor rosa o lugar, nunha iniciativa impulsada polo goberno municipal e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

A pasada xornada, o 19 de outubro, celebrouse o Día Mundial contra o Cancro de Mama, que busca concienciar sobre a prevalencia desta doenza e a necesidade de adoptar medidas de prevención e detección temperá da mesma.

O acto en Burela serviu para conmemorar esta data e subliñar o compromiso da veciñanza coa causa, amosando un forte apoio ás persoas afectadas e as súas familias. Na comarca da Mariña celebráronse diversos actos para conmemorar esta data, sendo o lazo humano de Burela un dos máis emotivos e concorridos.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...