InicioCentralBurelaBurela abre inscricións nas ligas de ping pong e uno na Casa...

Burela abre inscricións nas ligas de ping pong e uno na Casa da Xuventude

 As actividades, de carácter lúdico, desenvolveranse de luns a xoves en horario de tarde e están dirixidas á mocidade de 12 a 18 anos aproximadamente

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela vén de abrir o prazo de inscrición para participar nas ligas de Ping Pong e UNO que se desenvolverán na Casa da Xuventude.

As actividades terán lugar de luns a xoves, de 17:00 a 20:00 horas, e están dirixidas a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos aproximadamente. As inscricións poderán realizarse ata o 31 de outubro na propia Casa da Xuventude, por teléfono (982 581 141) ou por correo electrónico (casaxuventude@burela.org).

O primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, explicou que con estas dúas ligas “damos continuidade ás actividades realizadas no verán, ofrecendo dúas propostas de carácter totalmente lúdico e moi populares entre a mocidade de Burela”.

Pillado destacou tamén que o obxectivo é “achegar á rapazada á Casa da Xuventude, para que gocen dun espazo pensado para eles e elas e o fagan cos xogos que máis lles gustan e practican, nun ambiente de diversión e amizade”.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...