InicioCentralBurelaBurela achega o proxecto 'En Carne Viva' para unir educación e teatro

Burela achega o proxecto ‘En Carne Viva’ para unir educación e teatro

A Casa da Cultura acollerá o 24 de outubro a representación da obra ‘En Carne Viva’, acompañada dun plan formativo integral para o alumnado do IES Monte Castelo que promove a reflexión, o pensamento crítico e a educación en valores. 

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Cultura de Burela converterase o vindeiro 24 de outubro ás 21:00 horas nun punto de encontro entre a arte, a educación e a reflexión coa representación da obra ‘En Carne Viva’, da compañía Bengala Teatro Físico, dirixida e escrita por An González.    

“Este proxecto é un exemplo de como o teatro pode ir máis alá do escenario”, explicaba a concelleira de Cultura, Lina Gómez, quen destacou a capacidade da arte escénica para provocar emoción e pensamento. En colaboración co IES Monte Castelo, o proxecto inclúe un plan formativo integral dirixido ao alumnado de secundaria que combina obradoiros de creación escénica, a asistencia á obra e un espazo posterior de reflexión colectiva. 

“Dita colaboración permítenos achegar á mocidade unha experiencia cultural completa, que mestura arte, emoción e pensamento crítico”, engadía Gómez, subliñando o valor educativo e social desta iniciativa.  

A través do obradoiro titulado ‘O que soñamos pola noite, pero non nos atrevemos a dicir durante o día’, o alumnado traballa dende o corpo, a escritura e a improvisación teatral para transformar pensamentos íntimos en creación artística colectiva. As sesións abordan cuestións como o bullying, a disforia de xénero, o feminismo, a conciliación familiar ou o estigma social, sempre dende un enfoque empático e de respecto.  

A concelleira de Igualdade, Alexandra Fernández, subliñaba precisamente esa dimensión humana e transformadora dos obradoiros.  

“Os obradoiros de En Carne Viva abordan temas tan importantes como a diversidade, o respecto, o feminismo ou a identidade persoal, e fano desde a empatía e o coidado. Este tipo de actividades axudan ao alumnado a expresarse, a entender as súas emocións e a respectar as diferenzas”, explicaba Fernández.  

Pola súa parte, a obra ‘En Carne Viva’ propón unha viaxe emocional e simbólica a través da identidade, o xénero, o amor e a frustración. Inspirada libremente en ‘La vida es sueño’ de Calderón de la Barca, na película ‘Laurence Anyways’ de Xavier Dolan e en testemuños anónimos, a peza transita entre a poesía e a denuncia social, amosando a loita das persoas por sobrevivir nunha sociedade deshumanizada. 

A función, dirixida a público adulto, terá lugar o 24 de outubro na Casa da Cultura de Burela, con entrada de balde.  

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...