InicioCentralBurelaO Recuncho Multicultural de Burela retoma as actividades

O Recuncho Multicultural de Burela retoma as actividades

Segundo Mario Pillado, tenente da alcaldesa, “dende o concello estamos encantados coas propostas e aportacións que nos chegan dos colectivos”

Publicada o

- Advertisement -

Burela acolleu o pasado luns unha nova xuntanza entre representantes dos diferentes colectivos e comunidades da vila co obxectivo de retomar e programar actividades no Recuncho Multicultural, un espazo promovido polo Concello para fomentar a integración e a diversidade cultural.

Durante o encontro, os participantes presentaron diversas propostas e ideas para futuras actividades orientadas a fortalecer os lazos entre as diferentes comunidades e promover a participación cidadá. Ademais, acordáronse novas citas para seguir traballando na planificación de proxectos e iniciativas que impulsen a convivencia.

Segundo Mario Pillado, tenente da alcaldesa, “dende o concello estamos encantados coas propostas e aportacións que nos chegan dos colectivos”, quen asegurou que “cada encontro xera novas ideas que profundizan e fortalecen os proxectos que levamos a cabo. A súa colaboración é fundamental para seguir mellorando a nosa vila”, concluíu.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...