InicioCentralBurelaNovo aparcadoiro público en Burela na cerca das 'Casas Baratas'

Novo aparcadoiro público en Burela na cerca das ‘Casas Baratas’

A alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou que “seguimos a traballar para mellorar os aparcadoiros xa existentes e impulsar a creación de novos espazos de estacionamento"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela traballa estes días para habilitar un novo aparcamento público en Leandro Cucurny, nas inmediacións das coñecidas ‘Casas Baratas’. Esta intervención permitirá dispoñer de 40 prazas de estacionamento gratuíto, as cales estarán operativas unha vez finalizadas as obras.

Esta actuación está directamente vinculada á humanización da rúa Curros Enríquez, que supón unha reorganización do estacionamento existente na zona. Así, as arredor de 30 prazas públicas de Curros serán reubicadas neste novo solar, garantindo que non se reduza o número total de prazas, senón que se mellore a súa distribución para favorecer a orde e a mobilidade.

Ademais, coa apertura deste aparcamento modificarase o sentido da rúa Leandro Cucurny no tramo comprendido entre Curros Enríquez e Lamestra, finalizando así os cambios de circulación previstos para esta zona centro dentro do Plan de Mobilidade Urbana Sostible.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou que “seguimos a traballar para mellorar os aparcadoiros xa existentes e impulsar a creación de novos espazos de estacionamento. O noso obxectivo é dar resposta ás necesidades veciñais e avanzar cara a unha Burela máis ordenada, cómoda e accesible para todos”.

Este proxecto enmárcase no Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Burela, unha folla de ruta coa que o Concello busca reorganizar o tráfico, mellorar a seguridade viaria e facilitar o acceso ao centro da vila, promovendo ao mesmo tempo unha mobilidade máis sostible e eficiente.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...