InicioCentralBurelaBurela promociona a Feira do Bonito cunha viaxe cultural e gastronómica

Burela promociona a Feira do Bonito cunha viaxe cultural e gastronómica

Sobre esta cita gastronómica, a alcaldesa destacou que permitirá “difundir non só a calidade do noso peixe, senón tamén a capacidade de Burela para proxectarse como referente cultural, turístico e gastronómico”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela, xunto coa Asociación de Xubilados do Mar e Afíns A Moncloa e a Asociación Ledicia, promove unha nova viaxe cultural e gastronómica para dar a coñecer o Bonito de Burela e a Feira do Bonito, declarada de Interese Turístico Nacional. 

A iniciativa naceu inicialmente co obxectivo de lograr o recoñecemento da Feira do Bonito como Festa de Interese Turístico Nacional e, unha vez acadada esta distinción, mantívose no tempo porque se consolidou como unha excelente ferramenta para promocionar o noso túnido a nivel estatal e para proxectar a imaxe de Burela máis alá das súas fronteiras. 

O programa, que se vén celebrando dende hai anos e que xa levou o nome de Burela a lugares como Montmeló, Tarifa, Salamanca ou Losar de la Vera, chega nesta ocasión a Valladolid. 

O acto central terá lugar hoxe, sábado 27 de setembro, na Cúpula do Milenio, onde se realizará unha presentación e degustación do Bonito de Burela. O evento contará coa presenza de representantes institucionais do Concello e da Deputación de Valladolid, da Asociación de Hostalería de Valladolid, así como da Asociación A Moncloa, da Asociación Ledicia e da alcaldesa de Burela. 

Durante a xornada, coa colaboración da Asociación de Hostalería de Valladolid, elaboraranse diferentes pratos con Bonito de Burela como ingrediente principal. O peixe foi doado pola empresa ABSA S.A. e preparado e enviado polo Almacén do Peixe. Ademais, Conservas Faro de Burela achegará produto en conserva. 

Sobre esta cita gastronómica, a alcaldesa destacou que permitirá “difundir non só a calidade do noso peixe, senón tamén a capacidade de Burela para proxectarse como referente cultural, turístico e gastronómico”. 

Carmela López explica que “con accións coma esta, Burela reafírmase como unha vila que sabe poñer en valor os seus recursos, a súa xente e a súa identidade mariñeira, consolidando a Feira do Bonito como unha das grandes citas gastronómicas do norte de España”. 

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...