InicioCentralBurelaShowcooking en Valladolid coa "Merluza D& Burela polo Mundo"

Showcooking en Valladolid coa “Merluza D& Burela polo Mundo”

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou este xoves en Valladolid un evento no que a protagonista foi a “Merluza D& Burela” en pratos de diferentes cociñas do mundo.

‘Sibaritas Klub’ de Valladolid acolleu este xoves a terceira edición do evento gastronómico “Merluza D& Burela polo Mundo”: un showcooking guiado por dous recoñecidos cociñeiros locais con diferentes elaboracións para saborear a ‘Merluza D& Burela’ nas súas versións máis tradicionais e vangardistas, presentando tamén receitas inspiradas noutras cociñas do mundo, como a asiática ou a mexicana.

O evento, dirixido especialmente a creadores de contido e xornalistas gastronómicos, celebrouse en Sibaritas Club, un espazo multifuncional a un paso do río Pisuerga, e estivo guiado por Gloria Hernández, dietista e nutricionista comprometida coa saúde e a educación coa alimentación.

Abriu a xornada Sergio López, xerente da OPP-7 do Porto de Burela, que deu a benvida a todos os participantes e ademais fixo unha presentación das principais campañas de promoción realizadas nos últimos anos coa marca ‘Merluza D& Burela’. Puxo en valor a importancia de Burela dentro do sector pesqueiro nacional e internacional, explicando os diferentes tipos de frotas socias da OP e destacou a ecoetiqueta ‘Pescaenverde’ que converte á frota de altura de Burela que pesca a pescada do pincho na primeira certificada polo seu baixo impacto ambiental.

Aos fogóns, dous prestixiosos cociñeiros casteláns que puxeron en valor a enorme versatilidade deste produto fresco da lonxa de Burela. Javier Peña (Sibaritas Klub), recoñecido chef de mandil e mundo, tamén coñecido pola súa participación en diferentes programas de televisión, presentou as súas receitas de cociña asiática e tradicional: «Merluza D& Burela con escuma de tom yum e ensalada de mango verde» e «Canal de Castilla: Merluza D& Burela con callos de lechazo e pilpil».

Pola súa banda, Palmira Soler (restaurante 5 Gustos), cociñeira que aposta pola fusión dos sabores mediterráneos cos produtos casteláns, presentou as súas receitas de cociña mexicana e vangardista: «Taco Nayarit de Merluza D& Burela zarandeada con pico de gallo e frijoles» e «Merluza D& Burela crocante en veo de curry e matices cítricos».

O público, no que se atopaban numerosos xornalistas e creadores de contido relacionados co eido gastronómico, puido degustar cada unha destas elaboracións vivindo unha experiencia gastronómica “mundial” e viaxando co seu padal por diferentes cociñas do mundo tendo como orixe común a lonxa de Burela.

Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...