InicioCentralBurelaConcerto de Amancio Prada polo 50 aniversario do seu disco a Rosalía...

Concerto de Amancio Prada polo 50 aniversario do seu disco a Rosalía de Castro

“Despois de máis de tres décadas, Amancio Prada volve a Burela. Estamos moi emocionados con este regreso e convencidos de que será unha cita que ninguén debería perder”, explicou Lina Gómez, concelleira de cultura.

Publicada o

- Advertisement -

Burela acollerá o vindeiro 25 de outubro un concerto especial de Amancio Prada para conmemorar o 50 aniversario do seu primeiro disco dedicado á poesía de Rosalía de Castro, publicado en 1975. O evento terá lugar na Casa da Cultura ás 20:30 horas e as entradas xa están dispoñibles a partir de 19,80 euros a través da plataforma Ataquilla.

Con este espectáculo, o artista berciano quere render homenaxe a unha obra que marcou o inicio da súa carreira e que se consolidou como referencia na interpretación musical da poesía galega. Prada repasará as cancións coas que abriu camiño hai medio século, convertidas xa en parte da memoria colectiva, e ofrecerá tamén relecturas actuais que amosan a evolución da súa relación co universo poético de Rosalía.

“Despois de máis de tres décadas, Amancio Prada volve a Burela. Estamos moi emocionados con este regreso e convencidos de que será unha cita que ninguén debería perder”, explicou Lina Gómez, concelleira de cultura.

O concerto en Burela enmárcase así nunha xira conmemorativa que celebra non só un aniversario discográfico, senón unha traxectoria vital e artística que fixo da palabra poética o centro da creación musical de Amancio Prada.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...