InicioCentralBurelaBurela prepara un sistema de vídeovixilancia nas vías municipais

Burela prepara un sistema de vídeovixilancia nas vías municipais

Segundo adiantou a alcaldesa, Carmela López, “trátase dunha ferramenta máis para apoiar o traballo da Policía Local no control do tráfico e na resolución de incidencias. Non falamos dun sistema que multe automaticamente nin que estea pensado para sancionar, senón para reforzar a seguridade e a tranquilidade cidadá”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela prepara a posta en marcha dun sistema de videovixilancia nas vías municipais, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, tanto de vehículos como de peóns, e reforzar a protección da veciñanza. Nos vindeiros días instalarase un conxunto de cámaras de última xeración, que inclúen equipos con lectura de matrículas, dispositivos robotizados e cámaras fixas.

Segundo adiantou a alcaldesa, Carmela López, “trátase dunha ferramenta máis para apoiar o traballo da Policía Local no control do tráfico e na resolución de incidencias. Non falamos dun sistema que multe automaticamente nin que estea pensado para sancionar, senón para reforzar a seguridade e a tranquilidade cidadá”.

As cámaras permitirán o control permanente do tráfico as 24 horas, servindo como apoio para ordenar a mobilidade e reforzar a seguridade viaria no casco urbano e tamén axudarán a mellorar a protección da veciñanza, tanto no tránsito de vehículos como na seguridade das persoas que camiñan polas rúas. Outra das súas funcións será a investigación de incidencias, xa que posibilitará a busca de vehículos por matrícula, marca, modelo ou cor, “algo especialmente útil en casos de danos, accidentes ou infraccións sen testemuñas”, explicou a alcaldesa.

Ademais, a cámara robotizada poderá orientar o seu enfoque en tempo real, ofrecendo apoio en eventos ou situacións concretas e as imaxes recollidas poderán empregarse tamén como proba en casos de delitos ou infraccións administrativas, como condutas incívicas, pintadas ou roubos.

Carmela López destacou que se trata de “unha ferramenta para gañar en tranquilidade”, e engadiu que “as cámaras instalaranse para que a veciñanza se sinta máis segura. Queremos que Burela siga sendo unha vila tranquila, ordenada e protexida”.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...