InicioCentralBurelaBurela convoca un acto institucional en apoio ao pobo palestino

Burela convoca un acto institucional en apoio ao pobo palestino

Desta maneira Burela segue o reclamo da FEGAMP para pedir paz e xustiza ante os bombardeos do exército israelí

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela chama á veciñanza a concentrarse este venres, 19 de setembro, ás 12:00 horas, diante da Casa Consistorial para a lectura dun manifesto institucional en solidariedade co pobo palestino.

A iniciativa enmárcase na proposta da Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que promove actos similares en concellos e deputacións de toda Galicia.

A alcaldesa, Carmela López, destacou que o obxectivo deste acto é “sumarnos ás voces que en todo o mundo reclaman paz, xustiza e respecto ao dereito internacional”. Así, segundo a rexedora, a lectura do manifesto supón “unha maneira de denunciar con firmeza este xenocidio e reclamar un futuro de liberdade e dignidade para o pobo palestino”, explicou López.

O texto que se dará lectura insta á comunidade internacional a poñer fin á violencia e a garantir o cumprimento dos dereitos humanos, sumando así o apoio institucional de Burela ás mobilizacións que se están desenvolvendo a nivel global en defensa da poboación palestina.

“Burela non pode permanecer alleo a esta realidade; temos a responsabilidade ética de denunciar a violencia e esixir un futuro de liberdade e de convivencia en paz”, concluíu a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...