InicioCentralBurelaCampaña para sensibilizar sobre o Alzheimer en Burela: "Lémbrate de min"

Campaña para sensibilizar sobre o Alzheimer en Burela: “Lémbrate de min”

AFAN Burela en colaboración con ACIA Burela pon en marcha un ano máis, durante o mes de setembro, a campaña “Lembrate de Min”, con motivo do Día Mundial do Alzheimer o vindeiro 21 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela (AFAN Burela) está a realizar diversas actividades co fin de achegar á sociedade esta doenza que se estima que afecta en Galicia a máis de 70.500 persoas.

AFAN Burela en colaboración con ACIA Burela pon en marcha un ano máis, durante o mes de setembro, a campaña “Lembrate de Min”, con motivo do Día Mundial do Alzheimer o vindeiro 21 de setembro. Esta campaña ten como obxectivo principal sensibilizar a poboación e dar visibilidade á enfermidade do Alzheimer, ao mesmo tempo que implicar e facer partícipes dunha maneira activa aos usuarios do Servizo Específico de Estimulación Terapéutica de AFAN Burela a través da elaboración de chaveiros solidarios, que estarán á venda nos establecementos participantes adheridos á ACIA Burela. Cada establecementos colaborador disporá, no seu interior, de cartelería con información da asociación e dos principais sinais de alarma desta doenza, ademáis dos chaveiros solidarios elaborados e de cartaces cunha mensaxe impactante. Todo o recaudado nesta campaña irá destinado íntegramente á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela. AFAN Burela quere agradecer a ACIA a súa colaboración para levar a cabo este proxecto.

Outra das actividades que se levou a cabo neste mes de setembro foi un obradoiro de expresión artística coa a artesá galega, Iria Pigueiras. Unha actividade cultural enmarcada no Plan Action de Fundación Alcoa dirixida ás persoas usuarias de AFAN Burela e voluntarias de Alcoa en colaboración co Lugar das Marías.

Por outra banda, os actos centrais da Asociación terán lugar o venres, 19 de setembro, onde AFAN Burela estará presente no Centro de Saúde da localidade e no Hospital da Mariña con mesas informativas onde dará a coñecer a súa labor e proporcionará información sobre as demencias e a súa problemática. Así mesmo, nas mesas informativas terán dispoñibles bolsas de tea pintadas á man, chaveiros e pulseiras elaborados polos seus usuarios así como sacos térmicos e lotaría de Nadal. O Concello de Burela tamén colabora coa entidade iluminando diferentes puntos da localidade e a fachada da casa consistorial de cor violeta en solidaridade con todos os afectados. Finalmente, xa no mes de outubro, a asociación ten prevista a realización dunha actividade coa Fundación ENKI sobre deporte inclusivo na que as persoas con enfermidade de Alzheimer poderán descubrir, probar e gozar do movemento con material adaptado.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...