InicioCentralBurelaBurela pecha o programa 'Somos Verán' despois de oito semanas

Burela pecha o programa ‘Somos Verán’ despois de oito semanas

 A concelleira de Cultura e responsable de Gaia, Lina Gómez, subliñou que “Somos Verán ofreceu á cativada un espazo de lecer seguro, educativo e enriquecedor”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela clausurou este pasado venres unha nova edición do programa “Somos Verán 2025”, desenvolvido entre o 1 de xullo e o 22 de agosto nas instalacións do CEIP Os Castros.

 A cativada participante gozou dun amplo abano de actividades como manualidades, xogos de auga, xogos de mesa, saídas á praia e visitas ao club de tenis, así como encontros con xogadoras e xogadores de fútbol sala. Ademais, tamén se desenvolveron iniciativas vinculadas á Bandeira Azul, como “O baño de Mr. Cangrexo”, unha xornada na praia de O Portelo centrada na reciclaxe e a conciencia mariña, e “Quebracabezas do noso litoral”, na que descubriron a flora característica do entorno a través de xogos en equipo no Sendeiro Azul.

 A concelleira de Cultura e responsable de Gaia, Lina Gómez, subliñou que “Somos Verán ofreceu á cativada un espazo de lecer seguro, educativo e enriquecedor”.

Tamén engadiu que “a alegría e o entusiasmo dos nenos e nenas foron o motor do programa durante todo o verán” e agradeceu a labor do equipo de monitorado, “que fixo posible o bo desenvolvemento das actividades”.

Lina Gómez rematou indicando que “Somos Verán é xa unha referencia consolidada de lecer educativo no verán burelés, e seguiremos traballando para reforzalo nas vindeiras edicións”.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...