InicioCentralBurelaPecha con éxito o campamento dixital de Cibervoluntarios na aula CEMIT

Pecha con éxito o campamento dixital de Cibervoluntarios na aula CEMIT

A formación incluíu desde a creación de vídeos e apps ata a prevención do ciberacoso, o pensamento crítico ante as noticias falsas e o uso ético da intelixencia artificial.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, clausurou este venres na Aula Cemit do Centro de Formación Ocupacional unha nova edición do Campamento Dixital, que se desenvolveu do 4 ao 8 de agosto e que contou cunha ampla participación de rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos.

Durante cinco días, a mocidade participante adquiriu competencias en ciberseguridade e uso responsable das ferramentas dixitais, ao tempo que experimentou coa tecnoloxía a través de xogos, retos, dinámicas creativas e actividades adaptadas a cada idade.

A formación incluíu desde a creación de vídeos e apps ata a prevención do ciberacoso, o pensamento crítico ante as noticias falsas e o uso ético da intelixencia artificial.

O campamento enmárcase no Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI), impulsado polo Ministerio de Xuventude e Infancia e financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU.

A participación foi totalmente gratuíta e, ao rematar, as persoas asistentes recibiron o certificado oficial DigComp, que acredita as competencias dixitais adquiridas.

Mario Pillado, tenente da alcaldesa de Burela, destacou “a implicación e o entusiasmo dos nenos e nenas que participaron, así como a confianza das familias nesta iniciativa”. Engadiu ademais que “o Campamento Dixital é unha oportunidade única para que a nosa mocidade aprenda, se divirta e adquira habilidades esenciais para o seu futuro, sempre dun xeito seguro e responsable”.

Desde o Concello agradecen a colaboración da Fundación Cibervoluntarios e o traballo do equipo educativo. “Gustaríamos resaltar a importancia de ofrecer actividades que fomenten a educación dixital e a igualdade de oportunidades no acceso ao coñecemento”, concluíu o tenente.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...