InicioCentralBurelaA ONCE deseña un cupón cunha imaxe da Feira do Bonito de...

A ONCE deseña un cupón cunha imaxe da Feira do Bonito de Burela

O cupón foi presentado onte no Barco Museo Boniteiro nun acto institucional con representantes da ONCE, o Concello e entidades locais

Publicada o

- Advertisement -

A Feira do Bonito de Burela será a imaxe do cupón da ONCE correspondente ao sorteo do sábado 2 de agosto. A presentación oficial tivo lugar este mercores no Barco Museo Boniteiro, situado na explanada portuaria da localidade.

No acto participaron o delegado da ONCE en Galicia, Manuel Martínez, e a alcaldesa de Burela, Carmela López, acompañados polo director da ONCE en Lugo, Francisco Javier Farnés; o concelleiro de Turismo e Mar, Ramiro Fernández; e a presidenta de Ledicia, entidade organizadora da feira, Rocío Rivera. Tamén asistiron membros do equipo de goberno e da corporación municipal, así como representantes da Asociación de Mariñeiros Xubilados A Moncloa, ACIA, Fundación Expomar, ABSA e a Cofradía de Pescadores.

Durante a presentación, a alcaldesa Carmela López sinalou que este cupón “axuda a dar visibilidade á nosa feira e ao noso bonito, un símbolo da identidade de Burela e un motor económico e turístico de primeira orde”.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...