InicioCentralBurelaA Casa da Xuventude de Burela busca crear un espazo multicultural na...

A Casa da Xuventude de Burela busca crear un espazo multicultural na Biblioteca

A Casa da Xuventude acolle este venres unha actividade interxeracional para recoller e compartir a tradición oral das diferentes culturas que conviven no municipio

Publicada o

- Advertisement -

Este venres 1 de agosto ás 11:00 horas, a Casa da Xuventude de Burela será escenario dunha actividade aberta coa participación de representantes de colectivos, asociacións e comunidades que forman parte da diversidade cultural do municipio. O obxectivo principal do encontro é deseñar e dar forma ao Recuncho Multicultural, un espazo que se integrará na Biblioteca Municipal como lugar de memoria, coñecemento e convivencia.

Ao longo da mañá, traballarase na recollida e posta por escrito da tradición oral das distintas culturas presentes en Burela, sen esquecer a riqueza da cultura popular galega. Este material servirá para achegar ás novas xeracións os relatos, saberes e valores que enriquecen a nosa comunidade, favorecendo a transmisión cultural e o respecto pola diversidade.

A actividade terá un carácter interxeracional, promovendo a participación de persoas de todas as idades, fomentando así o diálogo, a aprendizaxe mutua e o encontro entre diferentes realidades culturais.

Dende o Concello faise un chamado á cidadanía para participar, xa que se trata dunha iniciativa aberta a todas as persoas interesadas, máis aló das xa convocadas.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...