InicioCentralBurelaBurela celebrará o Campamento Dixital entre o 4 e 8 de agosto

Burela celebrará o Campamento Dixital entre o 4 e 8 de agosto

A actividade desenvolverase en horario de mañá e está dirixida a rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, confirma que do 4 ao 8 de agosto terá lugar unha nova edición do Campamento Dixital na Aula Cemit, situada no Centro de Formación Ocupacional da vila.

A actividade desenvolverase en horario de mañá e está dirixida a rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos.

Este campamento enmárcase no Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI), impulsado polo Ministerio de Juventud e Infancia e financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU.

A participación é 100% gratuíta e inclúe, ao remate, a entrega do certificado oficial DigComp, que acredita as competencias dixitais adquiridas.

Durante cinco días, a rapazada poderá experimentar a tecnoloxía de forma lúdica, segura e responsable, mediante xogos, retos, dinámicas creativas e actividades adaptadas a cada idade. Os contidos abranguen desde a creación de vídeos e presentacións ata o desenvolvemento de apps, hábitos saudables no uso de internet, prevención do ciberacoso, pensamento crítico ante as noticias falsas e o uso ético da intelixencia artificial.

“É unha oportunidade extraordinaria para que os nenos e nenas de Burela aproveiten o verán aprendendo sobre tecnoloxía, adquirindo habilidades moi valiosas divertíndose”, explicaba Mario Pillado, tenente da alcaldesa de Burela. “Apostamos por iniciativas que reforzan a educación dixital e a igualdade de oportunidades no acceso ao coñecemento”, concluía.

A actividade estará guiada por educadoras e educadores especializados e deseñada para garantir a participación segura e inclusiva. As familias interesadas poden inscribir aos seus fillos e fillas en campamentodigital.org ou chamando ao teléfono 674 72 76 23.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...