InicioCentralBurelaNovo Mural na Casa da Xuventude de Burela

Novo Mural na Casa da Xuventude de Burela

A alcaldesa Carmela López afirmou que “ser Cidade Amiga da Infancia significa escoitar, coidar e traballar para que a infancia e a xuventude medren cunha boa calidade de vida e, sobre todo, que sexan felices en Burela”,

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela estrea un novo mural na Casa da Xuventude, creado no obradoiro de pintural mural infantil celebrado no marco da Semana da Xuventude no municipio. 

Adri Pardo coordinou á rapazada participante para que plasmase o deseño creado por Shiva Alinda, participante habitual nos certames convocados polo concello, e Yago Fernández Rubiños, membro do Grupo de Participación Adolescente (GPA) de Burela.  

O obradoiro coincidiu coa clausura da Semana da Xuventude. Todas e todos os participantes recibiron unha medalla polo seu traballo no acto de clausura. 

Pareceunos moi boa idea premiar a participación, a creación e a iniciativa de parte da infancia e adolescencia e quixemos exemplificar así o noso agradecemento a tódalas persoas que fixeron posible esta I Semana da Infancia do Concello de Burela”, sinalou o concelleiro de Mocidade, Mario Pillado. 

“Queremos darlle un agradecemento especial a Noelia Legazpi, educadora familiar, e a Jaime Méndez, técnico da Casa da Xuventude, os cales lideraron o proxecto”, indicou o edil. “Tamén ás monitoras da Aula Gaia que propuxeron a idea, ó técnico de deportes, ó persoal de obras e a case tódolos departamentos do concello que dunha ou doutra maneira contibuíron nesta semana”, enumerou.

“Finalmente, tamén ás persoas que lideraron actividades, obradoiros e conferencias pola súa dispoñibilidade”, apuntou Pillado, que avanzou tamén que dende o Concello xa comezaron a traballar na II Semana da Infancia do Concello de Burela. 

Pola súa banda, a alcaldesa Carmela López afirmou que “ser Cidade Amiga da Infancia significa escoitar, coidar e traballar para que a infancia e a xuventude medren cunha boa calidade de vida e, sobre todo, que sexan felices en Burela”, en referencia ao recoñecemento outorgado ao municipio por parte de UNICEF. 

“A infancia e a xuventude saben onde estamos, saben que poden contar con nós”, engadiu a rexedora. “Son quen usa os parques, os espazos públicos, quen mellor coñece o que funciona e o que se pode mellorar, e por iso queremos que formen parte activa deste proxecto”, concluíu. 

A celebración da Semana da Infancia de Burela veu impulsada polo nomeamento do  concello como Cidade Amiga da Infancia por parte de UNICEF no pasado 2024.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...