InicioCentralBurelaPromoción da Feira do Bonito en Festur 2025

Promoción da Feira do Bonito en Festur 2025

-O municipio participa na Semana Verde de Galicia cun stand propio e cunha degustación de bonito prevista para o domingo organizada pola asociación Ledicia

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela participa desde hoxe e ata o sábado 8 de xuño en Festur 2025, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto da Semana Verde de Galicia, en Silleda.

A vila mariñá conta cun stand dentro do espazo dedicado ás festas recoñecidas como de interese turístico, onde promove a Feira do Bonito, declarada de Interese Turístico Nacional, xunto cos principais recursos turísticos do municipio.

Durante os catro días da feira, o espazo de Burela estará atendido pola técnica de turismo municipal, Andrea Andión, quen facilitará información sobre a vila, os seus atractivos naturais e culturais, así como sobre a tradicional celebración gastronómica que cada verán atrae a numerosos visitantes á Mariña lucense.

Como actividade destacada, o domingo 8 de xuño ás 14:00 horas terá lugar unha degustación de pratos elaborados con bonito, organizada pola asociación Ledicia, encargada tamén da organización da Feira do Bonito.

“A nosa presenza aquí é unha aposta firme pola promoción turística e cultural de Burela”, sinala a alcaldesa de Burela, Carmela López, que participará no acto previsto para o domingo.

Pola súa banda o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, destacou que a feira supón “unha oportunidade perfecta para seguir dando a coñecer os atractivos turísticos de Burela, co obxectivo de que o municipio siga medrando en número de visitantes e impacto económico ano tras ano”.

“Este tipo de Feiras son eventos no que podemos promocionar Burela ante unha gran afluencia de público, e permiten visibilizar un traballo de promoción que está dando resultados á vista dos datos de visitas que vimos rexistrando”, engadiu.

A participación en Festur, que se desenvolve no marco da 47ª Semana Verde de Galicia, permite aos concellos con festas recoñecidas darlles visibilidade en eventos de gran afluencia. A feira reúne cada ano a milleiros de visitantes, cunha ampla programación orientada á promoción do turismo, o sector agroalimentario e as festas populares de Galicia.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...