InicioCentralBurelaO persoal do hospital de Burela será reforzado con novos efectivos, di...

O persoal do hospital de Burela será reforzado con novos efectivos, di a dirección da área sanitaria

Lembran que nunha primeira contratación xa se cubriron unha parte importante das prazas, pero espera que neste mes de xuño se complete o persoal e tentarase cubrir todas as prazas.

Publicada o

- Advertisement -

O responsable da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, asegurou este xoves que se fortalecerá o persoal no hospital de Burela cos efectivos “que sexan necesarios en función da situación actual”.

Segundo explicou, a situación que hai na Mariña está derivada dun concurso de prazas, que deixou varias vacantes neste hospital, pero que agora están xa na fase de cobertura desas prazas que quedaron libres. Así, lembrou que nunha primeira contratación xa se cubriron unha parte importante delas, pero espera que neste mes de xuño se complete o persoal e tentarase cubrir todas as prazas.

“Seguiremos traballando con intensidade como ata agora para garantir a cobertura sanitaria e ter cubertas todas as prazas”, insistiu, e lembrou que, nestes momentos de falta de médicos está a cubrirse o servizo con facultativos do HULA, nuns casos con desprazamentos dos propios profesionais e noutros con acordos coas diversas áreas para cubrir a ausencia. “Se somos capaces de ter o persoal o máis cuberta posible, menos apoio teremos que dar desde o HULA, mentres non se alcanza a situación de normalidade”, engadiu.

Ramón Ares explicou que se están priorizando os contratos para esas especialidades e para ese hospital “pero cando non se poida” cubrirase o servizo con reforzos desde o HULA, tal e como se fai tamén en Monforte”. Así mesmo, atribuíu esta situación tamén á escaseza de médicos actualmente, aínda que confirmou “que a asistencia sanitaria está totalmente garantida, cos mesmos especialistas e cos mesmos tratamentos”.

ÚLTIMAS