InicioCentralBurelaConcerto Día das Letras Galegas en Burela cun concerto da Escola Municipal...

Concerto Día das Letras Galegas en Burela cun concerto da Escola Municipal de Música

Publicada o

- Advertisement -

 O Concello de Burela celebra este venres 16 de maio o Día das Letras Galegas cun concerto especial da man da Escola Municipal de Música de Burela.

Durante o acto, recitaranse varios temas da poesía e do cancioneiro popular galego, que despois serán interpretados por diferentes agrupacións da Escola Municipal de Música.

Segundo declarou Mario Pillado, o tenente de alcaldesa de Burela, esta é a contribución que fan dende a Escola de Música nestas datas “tan especiais para a nosa cultura e o noso idioma”. Tamén resaltou a importancia de que este ano se lle adique este día ás cantareiras, das que destaca “o seu traballo no presente, pasado e futuro en prol da nosa lingua, da nosa música e da nosa cultura”, explicou Pillado.

O evento estará aberto ao público e busca ofrecer unha homenaxe á tradición musical e literaria galega, remarcando o papel esencial das mulleres na preservación da nosa identidade cultural.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...