InicioCultura'Onde está o Zeca?', proxección no local Xebra! de Burela sobre o...

‘Onde está o Zeca?’, proxección no local Xebra! de Burela sobre o autor portugués José Afonso

O filme, estreado no Festival Política de Brega en 2024, chega á Mariña após unha xira de presentacións por Lugo, Amoeiro, Ourense e Ferrol. 

Publicada o

- Advertisement -

Este sábado 10 de maio, a partir das 20 horas, o centro social Xebra –en Burela– proxectará o documental ‘Onde está o Zeca?‘. A peza, dirixida por Tiago Pereira e Abel Andrade, explora o legado do Zeca Afonso na cultura e música portuguesas. O filme, estreado no Festival Política de Brega en 2024, chega á Mariña após unha xira de presentacións por Lugo, Amoeiro, Ourense e Ferrol. 

A actividade, que contará cun coloquio posterior, é de balde até completar aforo.
Pereira é produtor, diretor de cinema e, tamén, a cabeza detrás do proxecto ‘A Música portuguesa a gostar dela própria‘, unha plataforma audiovisual adicada a documentar e difundir as prácticas e manifestacións musicais da cultura popular portuguesa na actualidade.

“Quen fai música e cancións alén de autor ten o seu contexto, o seu percurso, as súas orixes e as súas ideas”, contan do proxecto os seus creadores. Por iso, o filme procura estes autores e autoras en quen o Zeca deixou pegada e, hoxe, nutren a música dos nosos días. “É unha reflexión sobre o que fica do Zeca na música portuguesa e da importancia do colectivo para a música, mais tamén sobre a transformación das letras na música popular, da perspectiva de xénero…”, contan desde a organización.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...